A verdade é que este ano estanos resultando moi difícil eliminar os vermes dos buxos. Xa levamos un mes sulfatando semanalmente con Bacillus thuringiensis, un pesticida biolóxico, pero é complicado erradicalos, así que compramos unha trampa con feromonas para atrapar as avelaíñas dos buxos e deste xeito poder reducir a posibilidade de reprodución da especie. Esperamos que resulte efectiva, porque daríanos moita mágoa que nos quedaramos sin estes buxos que levan moitos anos dando verdor no noso patio.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...






Comentarios
Publicar un comentario