Saltar ao contido principal

ASOCIACIÓN CULTURAL BOLARQUEIRA

 O 15 de novembro tivemos a visita da Asociación Cultural Bolarqueira de Noceda. Esta asociación  falounos da importancia de dinamizar culturalmente o rural, de actuar sempre con prespectiva de xénero no asociacionismo e de desenvolver unha educación ambiental. Este grupo veciñal  organiza con frecuencia rutas de sendeirismo pola redonda, tamén fan xornadas de limpeza pola beira do río, na carballeira de Lamas e polos lugares da parroquia, recollendo quilos e quilos de lixo eliminado das contornas naturais.

Esta actividade formou parte do proxecto "Igualdade en xogo. Educando para o cambio" impulsado pola anpa do colexio e dirixida  polo colectivo Sororas coa finalidade de promover a igualdade e previr a violencia de xénero. A actividade rematou coa realización dun mural colectivo no que se destacou o protagonismo de Rosalía de Castro e o seu amor polos elementos da natureza na súa vila de Padrón.






















Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL 26 DE XANEIRO

 No segundo trimestre proseguimos coa colocación dos carteis identificadores das árbores do noso patio escolar, nesta ocasión, coincidindo co  26 de xaneiro, o día en que se conmemora a Educación Ambiental. Cada clase preparou un video presentando unha árbore determinada e despois colocoulle o cartel identificador .                                                                                                                                                                                                                     

PANXOLIÑA CON MENSAXE

 Que rápido pasou este primeiro trimestre do curso. Xa estamos no Nadal e seguindo co obxectivo de crear unha conciencia medioambiental no noso alumnado, fixemos unha versión  dunha panxoliña tradicional cunha mensaxe de respeto pola natureza e tratando de sacar o noso lado menos consumista nestas datas, polo que tamén escribimos unha carta aos Reis Magos na que os nenos e nenas só podían pedir un agasallo. Ademais, decoramos por ciclos árbores de Nadal empregando elementos naturais como: paos, piñas, follas, bugallos, anacos de madeira... Quedaron moi fermosas! Por outro lado tamén se confeccionaron almanaques, decorados co refraneiro dos meses do ano e con debuxos dos alumnos e alumnas. Poñémosvos a letra da panxoliña para que practiquedes o canto e para acadar o propósito  diario de coidar da nosa querida nai natureza.                     

SEMENTES POLA PAZ

  Neste mes de xaneiro realizaremos actividades relacionadas co Día da Paz e da Non Violencia.. Cada curso fará un traballo de investigación sobre a relación que hai entre certos elementos da flora e da fauna como símbolos da Paz, eses elementos naturais serán: a pomba, a cabra e a ovella, a oliveira, o búfalo, os xirasois, a camelia e a papoula; con todos estes traballos o 30 de xaneiro, farase unha exposición oral da información recollida e posteriormente un mural grupal para expoñer na entrada do colexio. Para rematar a celebración cantaremos a canción de Unai Quirós Cultiva la Paz.