Saltar ao contido principal

VERMES NOS BUXOS

Xa temos de novo os buxos da carballeira con vermes, trátase da Cydalima perspectalis, coñecida co nome de avelaíña do buxo, é un insecto invasor cuxo alimento son as follas dos arbustos da familia buxus. 

A bióloga Rosa Pérez Otero, da Estación Fitopatolóxica de Areeiro en Pontevedra, sinala que “as primeiras observacións en Galicia foron a finais do verán de 2014”. O máis probable é que chegase en plantas ornamentais desde Asia introducidas en contedores que non pasaran controis fitosanitarios nos portos de saída. “Esta praga, como todas as que veñen do leste de Asia veu para quedar”. Os vermes desta avelaíña, as eirugas, comen as follas aínda que poden darse casos de afectar a coda da árbore e por aí poden entrar os fungos” que logo poden acabar co buxo. 

"As eirugas dentro dos seus niños non entran en contacto coa substancia insecticida porque os casulos son de fíos de seda moi dura e logo cubertos polas follas da árbore” di Pérez Otero. A mellor maneira é aplicar unha presión maior en canto se aplique o biocida, é dicir, non serve un aparello normal para desinfectar as plantas, debe aplicarse con moita forza por toda a árbore”, destaca Pérez Otero. Outra forma de combater a avelaíña do buxo é o uso de trampas con feromonas. Isto reduce a posibilidade de reprodución da especie.

En Europa observouse como algúns paxaros cazaban estes insectos, mais ao final non os comían. Descoñécese o motivo, aínda que é probable que os insectos invasores non teñan as cualidades dos insectos autóctonos para seren consumidos por aves insectívoras de Europa.

O que tamén se debe controlar é o fungo Cylindrocladium buxicola, debe combaterse con funxicidas, mais tamén, coa retirada das follas afectadas tanto na árbore como as depositadas no chan, pois poden esparexer as esporas e crear unha maior afectación.

Nós fumigamos a semana pasada co Bacillus thuringiensi, unha especie bacteriana grampositiva, que vive no solo, usada comunmente como pesticida biolóxico. Teremos que seguir  observando  periodicamente e  facer máis aplicacións do produto.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.

OS PITOS NO GALIÑEIRO

 Como os pitiños xa están moi grandes, hoxe a rapazada de 6º de infantil fixo o traslado ao galiñeiro. A partir de agora xa van poder andar por fóra e picar na herba. Que ben o van a pasar!!