Saltar ao contido principal

OBRADOIRO DE XABÓN

Contando coa colaboración de Lorena Quan, unha das mamás do noso colexio, organizamos un obradoiro para elaborar xabón caseiro. Xuntámonos na carballeira para utilizar a nosa Aula da Natureza, estaba unha mañá moi agradable para estar ao aire libre. Seguimos con atención as explicacións de Lorena para aprender a facer o xabón e podelo explicar  posteriormente  nas nosas casas. Como a sosa cáustica é peligrosa, a persoa que a manipula debe ter precaución e  utilizar gafas, luvas e máscara.
Os ingredientes que se precisas son:
  • 1 litro de auga
  • 1 litro de graxa de porco
  • 130 gramos de sosa cáustica.

Primeiro botamos nun caldeiro a auga fría, engadimos pouco a pouco a sosa e remexemos cunha culler, con moito coidado, para ir facendo a mestura, sempre no mesmo sentido. Este proceso provoca un aumento de temperatura. Como xa tiñamos a graxa derretida, despois fómoslla engadindo á mestura anterior e seguimos remexendo. Para que espesara pronto empregamos unha batedeira. Por último, baleiramos o líquido nuns briks de leite que reutilizamos como recipientes.

Moitas grazas a Lorena por compartir connosco esta experiencia, sempre está disposta a colaborar e axudar. Graciñas!!






























Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.

OS PITOS NO GALIÑEIRO

 Como os pitiños xa están moi grandes, hoxe a rapazada de 6º de infantil fixo o traslado ao galiñeiro. A partir de agora xa van poder andar por fóra e picar na herba. Que ben o van a pasar!!