Saltar ao contido principal

PAPILIO MACHAON

 Nesta primeira semana de curso tivemos a oportunidade de observar no colexio a unha eiruga moi fermosa, trátase dun PAPILIO MACHAON. Ari, de 5º de primaria,  tivo a xentileza de compartir con nós esta bonita experiencia. Ao chegar o outono, esta eiruga aparécelle polos arredores da súa casa e este ano meteuna nun terrario para amosarnos a súa metamorfose. Despois Ari, con moito ánimo, preparou unha pequena charla informativa para os nenos e nenas de educación infantil xunto aos seus compañeiros de aula María e Pablo. O resto dos cursos de primaria tamén gozaron da presenza desta bela eiruga.

O macaón, Papilio machaon, tamén coñecida como cola de andoriña, galo ou voíña, é unha das bolboretas máis comúns de Europa, mais este insecto tende a desaparecer dende hai algunhas ducias de anos. O seu hábitat comprende dende o nivel do mar ata os 2.000 metros, en prados e zonas floreadas. O macaón ten entre 32 e 56 mm de envergadura e caracterízase polas prolongacións que posúe nas ás posteriores. A eiruga é moi rechamante e, se se sinte ameazada pode sacar un órgano de defensa glandular de cor laranxa chamado osmaterium. A crisálide( estado inactivo do insecto dentro do casulo no que está encerrado antes de converterse en bolboreta) é xeralmente de cor verde ou gris parda. A eiruga adoita comer ruda ou fiuncho, a do noso cole naceu nunha planta de ruda e traémoslle pólas frescas todos os días. Cando se transforma en bolboreta aliméntase do néctar de  varias flores e volve poñer os ovos sobre fiuncho ou ruda para que se poidan alimentar as eirugas da seguinte xeración.

Cando a eiruga termina de facer o casulo métese dentro, onde estará inmóbil durnte todo o proceso de transformación, con aspecto de eiruga durante un ou dous días. Despois xa pasa a ser unha crisálide ou ninfa, permanecerá así entre 12 días ou 6 meses, dependendo das condicións meteorolóxicas, a súa  posición será mirando hacia arriba ou en horizontal e colgando dun fío, neste momento necesita tranquilidade para unha boa transformación en bolboreta.

Aínda que a cor e o tamaño da eiruga son moi chamativos é completamente inofensiva e non supón un perigo para as persoas e os animais, nin sequera para as súas plantas nutricias. Lembra que come ruda e fiuncho , non vai atacar nada da horta nin ser  unha molestia, se tes a sorte de vela goza do espectáculo e deixaa seguir alimentándose.




















Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.