Saltar ao contido principal

PARLADOIRO SOBRE FROITAS DE TEMPADA

 Xa fai tres anos que Marcial Barral non forma parte da nosa comunidade educativa, onde exerceu o labor de coidador, ademais sempre foi unha persoa moi comprometida co coidado do medio ambiente e forma parte de asociacións ecoloxistas que loitan polo desenvolvemento sostible. Hoxe fíxonos unha visita para falarnos das froitas autóctonas, dos produtos de outono, da conveniencia de consumir produtos de tempada e de proximidade, de que os cultivos deben ser extensivos e non intensivos...

Fíxonos reflexionar sobre a necesidade de coidar a terra, de non facer un uso excesivo dos recursos naturais e non empregar pesticidas, deste xeito acadaremos unha mellor calidade de vida.

Moitas grazas Marcial.













Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL 26 DE XANEIRO

 No segundo trimestre proseguimos coa colocación dos carteis identificadores das árbores do noso patio escolar, nesta ocasión, coincidindo co  26 de xaneiro, o día en que se conmemora a Educación Ambiental. Cada clase preparou un video presentando unha árbore determinada e despois colocoulle o cartel identificador .                                                                                                                                                                                                                     

PANXOLIÑA CON MENSAXE

 Que rápido pasou este primeiro trimestre do curso. Xa estamos no Nadal e seguindo co obxectivo de crear unha conciencia medioambiental no noso alumnado, fixemos unha versión  dunha panxoliña tradicional cunha mensaxe de respeto pola natureza e tratando de sacar o noso lado menos consumista nestas datas, polo que tamén escribimos unha carta aos Reis Magos na que os nenos e nenas só podían pedir un agasallo. Ademais, decoramos por ciclos árbores de Nadal empregando elementos naturais como: paos, piñas, follas, bugallos, anacos de madeira... Quedaron moi fermosas! Por outro lado tamén se confeccionaron almanaques, decorados co refraneiro dos meses do ano e con debuxos dos alumnos e alumnas. Poñémosvos a letra da panxoliña para que practiquedes o canto e para acadar o propósito  diario de coidar da nosa querida nai natureza.                     

SEMENTES POLA PAZ

  Neste mes de xaneiro realizaremos actividades relacionadas co Día da Paz e da Non Violencia.. Cada curso fará un traballo de investigación sobre a relación que hai entre certos elementos da flora e da fauna como símbolos da Paz, eses elementos naturais serán: a pomba, a cabra e a ovella, a oliveira, o búfalo, os xirasois, a camelia e a papoula; con todos estes traballos o 30 de xaneiro, farase unha exposición oral da información recollida e posteriormente un mural grupal para expoñer na entrada do colexio. Para rematar a celebración cantaremos a canción de Unai Quirós Cultiva la Paz.