Saltar ao contido principal

INCUBANDO OVOS DA RAZA DE MOS

Hoxe foi un día especial no noso colexio . Durante a primeira hora da mañá chegou a visita de Diego Rois, director técnico da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, AVIMÓS. Os membros desta asociación, contando co apoio da Administración Galega, quixeron recuperar esta raza en perigo de extinción e darlle a importancia que se merece organizando un programa de recuperación, conservación e fomento desta casta.

Trátase dunha galiña orixinaria de Galicia, unha das razas máis antigas da Península Ibérica, aínda que nas últimas décadas estivo a piques de desaparecer mesmo podemos gozar da súa beleza e calidade dos seus produtos coma noutros tempos.  É unha galiña moi dura, que se adapta perfectamente a unhas condicións meteorolóxicas adversas; posúe unha crista pequena, en chícharo, con tres filas de papilas ou puntos. Debe o seu nome á parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinaria.

 Arredor das dez da mañá chegou Diego cunha incubadora e vinte ovos da Raza de Mos. Situou o aparato na entrada principal do colexio, ao lado da exposición de froitas do outono e fixemos dous grupos para poder escoitar as súas explicacións e observar mellor os ovos. Contounos que para que nazan os pitos os ovos teñen que estar fecundados por un galo, despois deben estar 21 días a unha temperatura de 37,8 graos e ter un 45% de humidade. A incubadora posúe un sistema de volteo automático, move diariamente os ovos para que teñan unha temperatura uniforme, o mesmo que fai a galiña no seu proceso natural. O día 19 de outubro voltará de novo Diego, xa estarán nados os pitiños, ímos poder tocalos e indicaranos como debemos coidalos a partir dese intre.

Vai ser emocionante esta aventura!!


















Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.