Agora no inverno, aproveitamos os días solleiros para facer os traballos de preparación dos bancais, eliminando as malas herbas que foron medrando coas chuvias abondosas do primeiro trimestre. Tamén espetamos dous regos de verzas nun dos extremos e nas beiras do cerrado fomos colocando plantas aromáticas coma: herba luisa, romeu, ourego, ruda... para favorecer a polinización e reducir as plagas.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...











Comentarios
Publicar un comentario