O mércores 21 de decembro Xosé Luis Factor achegouse ao noso centro de maneira altruista para amosarnos as características e perigos das ditintas variedades de cogomelos. Agora está recén xubilado, pero durante a súa etapa laboral exerceu de veterinario na administración pública, tamén é unha persoa comprometida coa axuda social, pois forma parte da asociación O Mencer e por último, cabe destacar a súa gran afección musical, xa que é membro da coral de Agolada. Unha persoa polifacética e autodidacta que nos ensinou moito sobre os cogomelos.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...




Comentarios
Publicar un comentario