Saltar ao contido principal

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

  O 21 de marzo conmemoramos o Día  Internacional dos Bosques, día escollido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas dende o 2012. O seu principal obxectivo é crear  conciencia da importancia de coidar e preservar todas as áreas forestais do planeta e así garantir a supervivencia de todas as especies

Polo tanto as árbores xogan un papel fundamental na conservación do medio ambiente:

  •  Liberan o osíxeno e transforman o dióxido de carbono en biomasa, reducindo o efecto invernadoiro
  • Son reguladores dos ciclos hidrolóxicos, contribuíndo a evitar inundacións.
  • Preveñen a erosión dos solos, favorecendo o desenrolo da agricultura.
  •  Constitúen o hábitat de especies de plantas, aves, mamíferos e anfibios.
  • Contribúen a regular o clima, reducindo os efectos do cambio climático xerado principalmente polo home.
  •  Son unha fonte de materia prima para a elaboración de medicinas, alimentos, papel, combustible (carbón e madeira) e outros materiais naturais como cortiza, resinas e caucho.

Acorde cun estudo recente existen no noso planeta unhas 60.065 especies de árbores, pero a deforestación de bosques e árbores producen un 15% de emisión de CO2 anuais en todo o mundo, superando a que producen vehículos, barcos e outros medios de transporte.

Comezamos esta xornada cunha conversa, enmarcada dentro Plan Director e impartida polo sarxento da garda civil Luis Villamil. Foi dirixida a todo o alumnado do centro e titulada: "Protección medioambiental e prevención de incendios forestais".

Neste día temos que agradecer tamén a presenza no noso centro dos representantes do Concello:

Paz Pérez, tenente alcalde.

·    César Reboredo, concelleiro de Medio Ambiente.

E destacar a colaboración co noso colexio, especialmente nesta data, que para conmemorar o Día Internacional dos Bosques nos agasallaron a cada un e a cada unha de nós cunha árbore, en concreto cunha sobreira, para que poidamos levar á casa e plantar en compañía da nosa familia.


A SOBREIRA - QUERCUR SUBER

En Galicia tamén recibe o nome de corticeira ou corticeiro. É unha árbore da familia do carballo e a aciñeira, cultivada no sur de Europa e norte de África. Ten unha copa  ancha en forma de globo e non supera os 20 m de altura. A súa madeira é forte e compacta, de gran resistencia ao lume, polo que é unha árbore moi utiliza nas repoboacións forestais. As raíces espállanse facilmente, son recias e poden producir brotes. Posúe unha gran resistencia a pragas e enfermidades.

O seu maior aproveitamento é a produción de cortiza, mais a súas landras  supoñen un gran valor para a produción do porco ibérico e  do porco celta.

Como árbore ornamental ten un gran valor por adaptarse moi ben a moitas zonas de España.

Tradicionalmente empregábase para facer carbón vexetal.

Durante miles de anos medrou de forma natural na cunca oeste do mar Mediterráneo, pois nesta zona danse as mellores condicións de supervivencia: clima cálido, ladeiras un pouco inclinadas, chan profundo, ben drenado, terras silíceas, libres de rochas calcarias e un clima sen xiadas extremas.

Posúe un  efecto antiinflamatorio desde antano, debido ao tanino presente nas pólas, follas e froitos. Empregábase para calmar doenzas e para tratar inflamacións, infeccións bucais, úlceras e dores articulares.

Para que a árbore goce de boa saúde é preciso situala nunha zona ben iluminada e con correntes de aire que eviten espallar pestes e enfermidades.

O Quercus Suber pode ser atacado por diversas enfermidades e fungos coma: a Diplodia, o Oidio e a Fumagina.

A sobreira é unha especie moi apta para formar bonsais, debido ás súas follas pequenas, á súa casca e á boa ramificación.

Na actualidade, en Galicia hai varios bosques que conservan moitos exemplares de sobreiras coma: O Sobreiral do Arnego, O val do Deza, zonas do  Ribeiro, o río Ulla, a Ribeira Sacra e o curso baixo do río Miño.

Segundo frei Martín Sarmiento, no ano 1762, na vila de Noia, existía unha economía do ladrillo feito de cortiza. Algunhas fachadas das casas contaban cunha cubrición de cortiza, un material resistente á humidade, con grandes propiedades térmicas e illantes.

Como ben dicía Wangari Maathai: “ Cando plantamos árbores, plantamos as sementes da paz e da esperanza”.

Moitas grazas.









Comentarios

Publicacións populares deste blog

1º PRIMARIA: AS PLANTAS E OS SEUS BENEFICIOS

 Para conmemorar o Día dos Humidais (2 de febreiro) hoxe comezamos coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental. As rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a súa posta en escena ao resto do centro educativo do seu proxecto: As plantas e os seus beneficios . Despois contaron o conto de Ledicia Costas Sete dentes de león, recitaron un poema sobre o arco da vella e remataron bailando e cantando unha canción sobre as plantas. As plantas son seres vivos que precisan: auga, terra, aire e luz do sol para vivir. Viven fixas á terra e constan de raiz, talo, pólas e follas. Cada parte realiza unha función específica e das súas flores nacen os froitos. Van sufrindo cambios ao longo das estacións do ano. Reprodúcense por sementes ou pólas. Tanto a asociación como a rotación de cultivos ofrecen moitas vantaxes na horta, xa que eliminan pragas e enfermidades. Hai estudos científicos que certifican os beneficios das plantas sobre as persoas, pois crean un a...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.