Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2024

XORNADA DE CONVIVENCIA

  Rematamos o curso cunha xornada de convivencia entre os distintos membros que formamos a comunidade escolar na que puidemos gozar de distintos obradoiros nos que se reutilizaron materiais, tamén desfrutamos dos inchables, do baile e  do canto; contando coa colaboración das nais e pais do noso centro. Finalizamos a mañá cun xantar de confraternidade na nosa fermosa carballeira. Bo verán para todas e todos!!

BATUCADA CON REFUGALLO

  O  alumnado de 6º de primaria preparou para a súa graduación de fin de etapa unha batucada reutilizando distintos materiais. Tamén fixeron un baile

CAPRICORNIO DAS ACIÑEIRAS

  O último día de colexio sorprendeunos a  aparición dun novo membro da nosa fauna máis próxima, tratábase dun capricornio das aciñeiras,    Cerambyx cerdo , da clase dos  Artrópodos e da familia Cerambycidae. Tivemos a sorte de observalo e deixalo en liberdade  na zona da horta escolar evitando  así algunha pisadura descoidada.   Estes Coleópteros son frecuentes nos nosos montes, teñen un tamaño de ata 5 cm de lonxitude, sen contar as súas longuísimas antenas. A cor do adulto é castaña escura brillante. Na boca presenta unhas fortes mandíbulas, así como uñas nas patas, que lle axudan a trepar pola codia das árbores. As súas larvas son de cor branca ou algo amarelada e posúen unha cabeza con placa córnea negra; superan o tamaño dos adultos, chegan a medir ata 9 cm de lonxitude. A pupa é grande e de cor, que vai escurecendo progresivamente. A femia diferénciase do macho en que esta é un pouco maior e en que a lonxitude das súas antenas non supera ...