Saltar ao contido principal

CAPRICORNIO DAS ACIÑEIRAS

 O último día de colexio sorprendeunos a  aparición dun novo membro da nosa fauna máis próxima, tratábase dun capricornio das aciñeiras,  Cerambyx cerdo, da clase dos  Artrópodos e da familia Cerambycidae.Tivemos a sorte de observalo e deixalo en liberdade  na zona da horta escolar evitando  así algunha pisadura descoidada.





 

Estes Coleópteros son frecuentes nos nosos montes, teñen un tamaño de ata 5 cm de lonxitude, sen contar as súas longuísimas antenas. A cor do adulto é castaña escura brillante. Na boca presenta unhas fortes mandíbulas, así como uñas nas patas, que lle axudan a trepar pola codia das árbores.

As súas larvas son de cor branca ou algo amarelada e posúen unha cabeza con placa córnea negra; superan o tamaño dos adultos, chegan a medir ata 9 cm de lonxitude. A pupa é grande e de cor, que vai escurecendo progresivamente.

A femia diferénciase do macho en que esta é un pouco maior e en que a lonxitude das súas antenas non supera o corpo.

Os adultos poñen os ovos principalmente no interior da codia das árbores enfermas (aciñeiras, sobreiras, abeleiras), onde logo se alimentarán as larvas, contribuíndo á morte da árbore. Durante dous ou tres anos realizan galerías nas árbores ata que se produce a pupación, tras a cal se desenvolven os adultos, que poden verse desde maio a agosto.

As larvas aliméntanse de madeira de Quercus spp., aínda que secundariamente poden alimentarse doutras especies como abeleiras, salgueiros, freixos, acacias, etc.

Desenvólvense sobre quercíneas, aínda que tamén se citou sobre outras frondosas como abeleiras, freixos, olmos, etc.; así e todo, nestes últimos casos non forman grandes poboacións. Máis raramente poden verse en cultivos.

Distribúense na zona holomediterránea, especialmente nas áreas máis cálidas. Encóntrase de forma moi dispersa por toda a península Ibérica en bosques de quercíneas (carballeiras, sobreirais, aciñeirais) e nas Illas Baleares. En Galicia parece estar restrinxido a áreas nas que existan formacións de aciñeiral, como a Serra da Enciña da Lastra ou as manchas existentes no Caurel.

A especie está amplamente distribuída e está dispersamente repartida. O tamaño poboacional é mediano e en franca regresión. Case todos os factores importantes que inflúen no tamaño e a distribución son coñecidos.

Os problemas para a especie están ligados á desaparición e/ou destrución do hábitat pola deforestación do bosque autóctono e a substitución por plantacións exóticas ou non idóneas para a especie. Ademais, o uso de insecticidas e o coleccionismo son factores que tamén ameazan este cerambícido.

Tratase dun especie vulnerábel.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.