Saltar ao contido principal

DÍA INTERNACIONAL DAS MONTAÑAS

O 11 de decembro conmemórase o Día Internacional das Montañas. No colexio celebrámolo ao longo da semana facendo presentacións das árbores do noso patio. Aproveitamos a hora de lectura, de 12:40 a 13:00, para que as distintas clases fixeran unha lectura das características de determinadas árbores a través da  megafonía do centro. Ao día seguinte colocaron os respectivos carteis identificadores nas árbores.

Este ano o tema promovido pola FAO para conmemorar o Día Mundial das Montañas é "Restauración dos ecosistemas de montaña", co que se pretende sensibilizar sobre a relevancia dos ecosistemas de montaña demandando solucións, mellores práctivas e inversións baseadas na natureza, que constrúan resiliencia, reduzan a vulnerabilidade e aumenten a capacidade das montañas para adaptarse ás ameazas diarias e aos eventos climáticos extremos.



























Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.

OS PITOS NO GALIÑEIRO

 Como os pitiños xa están moi grandes, hoxe a rapazada de 6º de infantil fixo o traslado ao galiñeiro. A partir de agora xa van poder andar por fóra e picar na herba. Que ben o van a pasar!!