Saltar ao contido principal

EDUCANDO CON MALIBÚ.

 

Hoxe coñecemos a Malibú, a cadeliña adoptada pola Casa Grande de Xanceda. A súa historia é moi interesante, pois levaba varios días soa e perdida percorrendo a estrada que leva a esta granxa, cando unha das traballadoras decide parar, baixarse do  coche e recollela. Puxeron carteis e avisos para atopar aos seus donos, mais non apareceu ninguén. A granxa non é unha protectora de animais, pero como todos os traballadores e traballadoras lle colleran cariño decidiron acollela, agora xa forma parte da familia desta granxa e con ela iniciaron un proxecto superinteresante sobre o abandono animal que leva por título: “Educando con Malibú”

Malibú convertiuse nunha profe-cadela, acompañada de Adriana, unha persoa do equipo de Xanceda, percorre os colexios de Galicia educando aos nenos e nenas no coidado e amparo dos animais A educación en valores é moi importante para que as futuras persoas donas de animais sexan responsables e podendo chegar así a acabar co abandono animal.

 Esta cadeliña converteuse en símbolo desta loita, fomentando en cada colexio a acollida de animais abandonados, educando en solidariedade e en respecto aos animais .

O mes de Abril é representado cun lazo laranxa para simbolizar a loita polos dereitos dos animais. Sensibilizar contra o abandono e os malos tratos aos animais, así como concienciar sobre a tenencia responsable de mascotas e fomentar as adopcións, son algúns dos obxectivos que queremos inculcar no noso alumnado e na sociedade. 

O CEIP Xoaquín Loriga (Prado), en colaboración co CEIP Xesús Golmar (Lalín), CEIP Pío Cabanillas Gallas (Dozón), CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás), CEIP Terras de Maside (Maside) e Clinica Veterinaria Golmar (Lalín),  desenvolvemos un proxecto de concienciación colectiva baixo o lema "Xuntos contra o maltrato animal",  traballando todos estes valores que Malibú nos quere transmitir. A todos, moitas grazas por participar e colaborar. 

Para evitar que os animais sufran, nós falamos por eles.

Foi un pracer coñecerte Malibú!!


     


























Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.