Saltar ao contido principal

PROXECTO AS AVES 1º primaria

 As rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a exposición do seu traballo de investigación sobre as aves. Aprendemos moito coas súas explicacións.

As aves son animais vertebrados que viven en todas as partes do mundo. Hai preto de 9.000 especies diferentes, pero todas teñen: ás, peteiro, plumas e patas. As ás ademais de permitirlles voar axúdanlle  a estar quentiñas. Os seus ósos son lixeiros e os peteiros son diferentes dependendo dos alimentos que coman ( curto e delgado coma o da andoriña porque come insectos). Tragan os alimentos enteiros e poden comer: plantas, insectos, peixes, serpes e ratos. Voan batendo as súas ás de forma diferente, polo que teñen distintas ás, unhas son curtas coma as do colibrí e outras longas coma as do voitre. Hai aves que non voan coma os pingüíns, avestruces e kiwis. O oído e a vista son para elas os sentidos máis importantes. Son unhas fantásticas construtoras, fan niños de todos os tamaños e formas para poñer os ovos e chocalos, pero hai paxaros preguiceiros coma o cuco, que se aproveita doutras aves. Cando chega o outono hai aves que migran en bandadas na procura dun mellor clima, e fano voando en forma de "V".

Desafortunadamente, as enfermidades, os refugallos ambientais, os incendios, a contaminación mariña, o quentamento global e a deforestación contribúen á disminución de aves, por iso entre todas e todos temos que coidar delas.






















Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.