Saltar ao contido principal

VERMICOMPOSTAXE

Reutilizando dúas caixas de "porespán" construímos un vermicomposteiro caseiro con miñocas comúns da zona. A intención é que o alumnado poida observar como se transforma a materia orgánica das merendas en humus líquido, que utilizaremos posteriormente para abonar as plantas da horta e as ornamentais de dentro do colexio, pois é rico en nutrientes, principalmente nitróxeno e potasio, amais incrementa a actividade microbiana do solo.

A vermicompostaxe é o proceso de descomposición e transformación da materia orgánica en humus, realizado pola dixestión das miñocas e a acción combinada de microorganismos presentes no solo. O resultado do proceso, o vermicompost, é un excelente fertilizante orgánico e biorregulador do solo.

  As miñocas denomínanse o “muíño biolóxico”, xa que modifican as características físicas, químicas e biolóxicas, acelerando a súa estabilización e hixienizando a materia orgánica. Pasan por dúas fases durante o proceso: unha inicial (actividade da miñoca) e outra activa (poboación microbiana). 













Características da miñoca.

Animal invertebrado co corpo dividido en aneis, beneficioso para o solo.

Pode medir ata 30 cm de longo. A súa cor pode ser vermella pálida, rosada ou castaña. É un animal hermafrodita con órganos reprodutores femininos e masculinos que precisa emparellarse para reproducirse. Vive nos solos húmidos e ricos en materia orgánica da que se alimenta.

  • Non ten aparato mastigador.
  • Non ten pulmóns, respira a través da pel.
  • Non ten ollos, pero pode sentir a luz e escapar dela.
  • O único órgano sensorial que posúe é o tacto.
  • Ten cinco pares de corazóns, postos en liña.
  • Se lle seca a pel, a lombriga morre.
  • Poden medir entre 5 e 9 cm de longo e 3 a 5 cm de diámetro.
  • O corpo é alongado, con simetría bilateral.
  • Cando se parten a metade poden facer crecer unha nova cola pero non unha nova cabeza.
  • A cor das lombrigas varía dende o marrón escuro ata o violeta, pasando polo vermello.
  • As lombrigas adultas teñen un anel máis groso que os demais (cliterio) que está próximo a un dos extremos, a boca atópase do lado deste anel.
  • O cliterio é o órgano sexual da lombriga e onde garda os ovos.
  • Os ovos teñen forma de pera e cor amarela e deles sairán de 2 a 21 miñocas segundo a especie.
  • Non ten ningún mecanismo de defensa, nin se lle coñecen enfermidades.
  • Pode chegar a vivir 15 anos.
  • Poder chegar a devorar entre medio gramo e un gramo diario de alimento.
  • É fotofóbica (os raios ultravioletas fanlle moito dano).
  • Non transmite ningunha enfermidade.
  • Os seus puntos febles son: as temperaturas extremas (non soporta temperaturas superiores aos 30º C nin inferiores a 5ºC), a sequidade ou o exceso de humidade e a fermentación descontrolada. Se a temperatura é moi alta e o grao de humidade non é suficiente, morrerán deshidratadas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.