Saltar ao contido principal

SOBREIRAL DO ARNEGO

 Hoxe pasamos a mañá percorrendo a contorna natural do Sobreiral do Arnego. Gozamos dunha ruta de dúas horas e medias pola beira do río observando as sobreiras, os fogares para morcegos e plantando catro exemplares de carballos. Polo camiño tamén atopamos un sapiño pequeno e os restos dun xabaril morto. Dous axentes de ADEGA acompañáronnos no traxecto e tamén se encargaron de impartir a  información precisa. Foi unha excursión moi bonita para toda rapazada de 2º e 3º ciclo de primaria, na que experimentaron que se pode crear un entretido xoguete con paos e follas, e que tiveron que utilizar todos os sentidos para valorar a riqueza natural da zona.

O noso centro participa no presente curso escolar  no “Proxecto fluviatilis: custodia para a resiliencia", da man da asociación ecoloxista ADEGA. Este proxecto ten como obxectivo principal a conservación e rehabilitación de ecosistemas fluviais, aumentando a súa resiliencia ao cambio climático e a provisión de servizos ecosistémicos mediante a custodia fluvial, preséntase como un instrumento clave para facer fronte á perda de biodiversidade local contribuíndo de forma esencial á saúde do planeta.

ADEGA está levando a cabo este proxecto nos Sobreirais do Arnego, un espazo natural protexido de 1,124 ha. que foi declarado Zona de Especial Conservación, formando parte da Rede Natura dende o ano 2.014 e que se atopa localizado nos concellos de Lalín, Agolada e Vila de Cruces.





































































Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.