Practicamos esta regueifa relacionada co noso proxecto de centro "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado" coa melodía de Pinto de Herbón e Luís " o Caruncho" na Solaina de Piloño.
Co propósito global de fomentar no noso alumnado a sensibilización e promover a acción para a protección do planeta elaboramos, a comezos de curso, un calendario das efemérides ecolóxicas que teñen lugar ao longo do curso escolar.
Unha vez máis, o noso apicultor da zona, David Liñares, visitou ás nenas e nenos de 4º de primaria para recordar a importante tarefa que desempeñan as abellas para conservar a biodeversidade das especies. Tamén aproveitou para promocionar a III Feira Internacional de Apicultura de Lalín que se celebra este fin de semana e a cal se encarga el de organizar.
No segundo trimestre proseguimos coa colocación dos carteis identificadores das árbores do noso patio escolar, nesta ocasión, coincidindo co 26 de xaneiro, o día en que se conmemora a Educación Ambiental. Cada clase preparou un video presentando unha árbore determinada e despois colocoulle o cartel identificador . ...
Hoxe estivo unha mañá estupenda, con boa temperatura para preparar un pouquiño a nosa horta, despois de tantos días de chuvia precisaba certas tarefas como: sacar as estacas dos tomates, quitar os talos secos dalgunhas plantas e arrincar as malas herbas, asi que puxémonos mans á obra.