Neste último trimestre o alumnado dos distintos cursos fixo a sementeira de diversos produtos hortícolas para despois transplantalos ao seu bancal da horta escolar: amorodos, millo corvo, cebolas, leitugas, pementos, tomates, allo porro, cabaza, cabaciña, remolacha, framboesas... Agora teñen que facer unha supervisión diaria para regar, atar ou arrincar malas herbas. E mentras, mantendo a calma, van gozando cos cambios que se van producindo nos seus produtos.