Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

PINTURA CON CABAZA

 As nenas e nenos de 1º de primaria estiveron experimentando coa cabaza para obter un pigmento natural e utilizalo para pintar o debuxo.

SAMAÍN

  Hoxe tivemos unha xornada terrorífica no noso colexio co percorrido polos corredores que metían medo, entrada ao tunel do terror e rematamos cunha xornada de baile todas xuntas e xuntos! Pola tarde o túnel do terror abriuse a todo o mundo que se atrevera a vir e descubrir o que agochaba o seu interior. Nos días previos a esta celebración as distintas clases traballaron na decoración dos corredores das súas aulas reutilizando distintos materiais ( paos, la, cartóns, teas...). O equipo de Dinamización Lingüístico tivo a xenial ocurrencia de crear un sorprendente túnel do terror onde gozamos terrorificamente. Tí serías capaz de entrar?...... Corredor Educación Infantil Corredor 1º ciclo Corredor 2º ciclo Corredor 3º ciclo                              Túnel do terror                                  ...

MERENDAS SAUDABLES

Dende o centro educativo consideramos que é necesario promover no noso alumnado hábitos de vida saudable e unha boa alimentación. Deste xeito as nosas nenas e nenos  poderán medrar e desenvolverse plenamente en todas as etapas da súa vida, tendo menos posibilidades de padecer transtornos nutricionais, anemia, sobrepeso, obesidade, caries dental e problemas de aprendizaxe escolar. Amais poderán previr certas patoloxías na idade adulta como: enfermidades cardiovasculares, diabetes ...

A PATRULLA DE TRABALLO

Durante o tempo de recreo a Patrulla de Traballo desempeña  diariamente unha tarefa moi eficiente nun tempo récord. Esta patrulla é rotativa acotío, rapaces e rapazas de distintos niveis colaboran no coidado das galiñas, recollen o lixo das aulas e dos contedores exteriores e levan a materia orgánica aos composteiros do colexio .