Saltar ao contido principal

SAMAÍN

 Hoxe tivemos unha xornada terrorífica no noso colexio co percorrido polos corredores que metían medo, entrada ao tunel do terror e rematamos cunha xornada de baile todas xuntas e xuntos!

Pola tarde o túnel do terror abriuse a todo o mundo que se atrevera a vir e descubrir o que agochaba o seu interior. Nos días previos a esta celebración as distintas clases traballaron na decoración dos corredores das súas aulas reutilizando distintos materiais ( paos, la, cartóns, teas...). O equipo de Dinamización Lingüístico tivo a xenial ocurrencia de crear un sorprendente túnel do terror onde gozamos terrorificamente.

Tí serías capaz de entrar?......


Corredor Educación Infantil


Corredor 1º ciclo


Corredor 2º ciclo


Corredor 3º ciclo



                        Túnel do terror

                                   


Podedes ver todas as fotos deste día  AQUÍ



































Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ASOCIACIÓN VECIÑAL BOLARQUEIRA DE NOCEDA.

 Pablo e Diego, membros da Asociación Cultural e Veciñal Bolarqueira  de Noceda, visitáronnos hoxe para contarnos como esta asociación  traballa pola dinamización e difusión da cultura no rural, ademáis de concienciar no  coidado da contorna natural desta aldea. Faláronnos do festival Noceda Rock, de todas as actividades que se farán o 13 e 14 de xuño, xa que esta será a décima edición deste evento. Desta volta o cartel anunciador foi creado pola artista Carlota Salgado, no que intentou representar un carballo coas raices cara arriba e as polas cara abaixo.