Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

MILLA DIARIA

  O deporte ao aire libre aporta moitos beneficios físicos e psicolóxicos ao noso organismo, por iso proseguimos  practicando a Milla Diaria polos espazos verdes do patio do colexio.

REXISTRO METEOROLÓXICO

   Neste primeiro trimestre proseguimos coa actividade diaria do rexistro do tempo atmosférico utilizando os aparatos que xa temos de vello no colexio e tamén consultando a páxina de MeteoGalicia. Cada mes unha determinada clase é a encargada de efectuar as anotacións  nunha táboa de rexistro. A mediados de novembro recibimos a grata novidade de que fomos seleccionados para participar no programa MeteoEscolas, isto permitiranos profundizar no coñecemento meteorolóxico. Continuaremos utilizando a nosa casiña do tempo para colocar o novo termómetro dixital que nos regalaron e tamén o pluviómetro. 

OBRADOIRO DE XABÓN NATURAL

  Esta semana toca experimentar co obradoiro de xabón natural. Para a súa elaboración empregamos: 200g de  xabón de glicerina en pastilla. 200 g de xel de aloe vera 4 culleradas de mel 5 culleradas de aceite de oliva Ralladura de limón