Neste mes celebramos estas festas navideñas con decorados moi respetuosos co medioambiente. Seguindo na idea de reducir residuos e tratando de non ser tan consumistas o noso alumnado redactou a súa carta aos Reis Magos e a Papá Noel pedindo un só agasallo. Para o Portal de Belén utilizamos cortiza vella, para o hórreo carolos e volvemos a usar os faroliños feitos polas familias no magosto. Para facer os debuxos de Nadal o alumnado de 2º ciclo utilizou o papel reciclado elaborado no obradoiro de papel no mes de novembro. Tamén se empregaron piñas pequenas, troncos de madeira, cartóns e pólas de pino para ambientar os corredores. Os novos almanaques do ano 2025 diseñáronse con imaxes dos obradoiros de papel reciclado, do xabón natural, das tinturas vexetais e cos experimentos feitos polas familias nas súas casas.