Unha das actividades propostas no actual proxecto de centro: Ciencia para un futuro sostible é a realización dun encontro interxeracional que se fixo realidade esta semana. O alumnado de 1º de primaria visitou o martes 25 a Residencia Municipal de Maiores de Vila de Cruces para presentar o seu traballo de investigación As plantas e os seus beneficios . Tamén lles contaron o conto Sete dentes de León de Ledicia Costas e acompañárono con debuxos feitos por eles mesmos. Recitaron poemas relacionados co clima. Despois fixeron un pequeno informe meteorolóxico destes primeiros meses do ano que acompañaron con refráns. Remataron cantando e bailando unha canción relacionada coas plantas. Nesta residencia Carla González ten a seu avó. Hoxe, 26 de febreiro, o alumnado de 5º de primaria achegouse á Residencia As Dores de Lalín para expoñer o seu traballo de investigación titulado: A biomasa . Amosaron tamén as maquetas elaboradas por elas e eles mesmos, explicando como as elaboraran ...