Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

FEIRA DA CIENCIA

O 30 de maio celebrouse en Lalín a Exposición-Feira Científica da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo, co nome "A ciencia ten nome de muller".Esta acción englóbase no plan anual de actividades da UCC+i "Ciencia de ida e volta", que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)- Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Ademais ,esta actividade conta coa financiación da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Concello de Lalín, a través da oficina de Igualdade. O evento articulouse arredor de 5 grandes áreas temáticas, cada unha representada por stands con persoal investigador da UVigo. En cada posto realizáronse obradoiros manipulativos ligados a diferentes ramas de coñecemento, entre as que destacaron as seguintes: tecnoloxía, medio ambiente, saúde e benestar, patrimonio e economía. Pola mañá houbo visitas concertadas á feira con alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do...