Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2025

TIPOS DE NUBES. 2º DE PRIMARIA.

  O alumnado de 2º de Educación Primaria traballou nun proxecto sobre “A Auga” e quixeron investigar acerca das nubes. Primeiro abordaron os tipos de nubes que hai a partir da Carta de Nubes. Unha vez familiarizados cos tipos de nubes foi o momento de observar o ceo. Esta é unha práctica moi pracenteira, que co tempo nos axudará a ler o ceo, e ata poder prever o tempo. Algunhas preguntas que nos poden axudar a identificar as nubes poderían ser: teñen forma ou parecen esfiañadas? teñen sombras? forman unha capa? e a capa tapa o sol? choveu durante moito tempo ou houbo un ballón? E aquí tedes unha pequena mostra do traballo recollido.

INFORME METEOROLÓXICO XUÑO. 4º DE PRIMARIA.

No mes de xuño 4º de primaria foi a clase encargada de facer a súa observación do tempo atmosférico, o rexistro correspondente, subir os datos á aplicación de MeteoGalicia, facer as contas correspondentes para calcular a temperatura media do mes e a cantidade de precipitacións e anotar os resultados no climograma do Espazo Meteorolóxico. Rematando cun resumo da información obtida para o resto da comunidade   a través da megafonía do centro.                        

DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

 O día 5 de xuño conmemorase o Día Mundial do Medio Ambiente, data establecida pola ONU para concienciar sobre a importancia de protexer o planeta e promover accións sostibles. Este ano, o lema é "Poñer fin á contaminación por plásticos".    Este  día foi elexido en conmemoración da Conferencia de Estocolmo sobre o Medio Humano en 1972  Seguindo nesta liña de mentalización a  Concellería de Medio Ambiente do Concello de Lalín agasallou a cada neno e nena cunhas sementes de xirasois para plantar nas súas casas.