Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

VISITA DE DIEGO VIAÑO.

O día 24 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas Escolares e tamén o Día Mundial Contra o Cambio Climático, pero nós celebrámolo xa de xeito anticipado o 16 de outubro. Neste curso 2025/26 continuamos centrando o noso proxecto nunha educación ambiental preocupada polo cambio climático, así, este novo proxecto leva por título:" Coida do clima, coida dos teus ". Para presentar este novo proxecto contamos cunha introdución informativa do xornalista e meteorólogo da TVG Diego Viaño Moure, que nos amosou a importancia da  información meteorolóxica. Despois desta charla informativa e ao longo do curso, cada grupo elaborará un traballo de investigación sobre diferentes temáticas mediambientais relacionadas co clima, para a partir de xaneiro expoñerá ao resto dos compañeiros e compañeiras. As temáticas elexidas para cada grupo son as seguintes: E. Infantil: Eucaliptos e Altri 1º E. Primaria: Industria textil, produción e consumo. 2º E. Primaria: Economía circular 3º E. Primaria:...