Como cada 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas e, aproveitando a ocasión, inauguramos a biblioteca do centro para este curso académico . A maiores, e dada a coincidencia do día co Día Internacional contra o Cambio Climático, centrámonos na temática medioambiental , relacionada coa nosa participación no programa Voz Natura e co noso proxecto de centro que leva por título Compromiso co medio que nos rodea. Para a conmemoración destes días, os compañeiros e compañeiras de quinto fixéronnos partícipes da representación teatral A Terra está enferma , na que abordamos a problemática real do planeta. Pola súa banda, as alumnas e alumnos de sexto, xunto coa colaboración doutros rapaces e rapazas dos distintos cursos, interpretaron o rap A reciclaxe , no que destacamos a importancia de reducir o consumo e efectuar unha correcta e selectiva recollida dos residuos. Así mesmo, tamén fixemos entrega a ca...