Saltar ao contido principal

FUNGO CYLINDROCLADIUM BUXICOLA

 

Os buxos da nosa carballeira están cheos duns vermes de cor verde, trátase dun fungo moi malo que pode chegar a matar a planta. Este fungo chámase cylindrocladium buxicola,  ataca sobre todo ao buxo e é moi complicado acabar con el, xa que ao ser un fungo, son esporas que se moven polo aire.

Este fungo produce unha defoliación: pérdense  todas as follas, despois ataca ao talo da planta e pode rematar consumindo completamente a vida do buxo. Ataca sobre todo no verán, cando as temperaturas son altas. Amais propágase moito coa chuvia, ao caer as pingas de chuvia sobre as follas que están contaxiadas, a auga fai que se extenda aínda máis.

Por iso, recoméndase evitar regar con aspersor, xa que deste xeito a plaga exténdese moito máis rápido. 

Ante a aparición de follas de cor marrón escura, como se tivesen aceite, debemos de tratar a planta o antes posible cunha actuación preventiva para evitar que o fungo se expanda, pois non existe un tratamento de eliminación total desta plaga. O tratamento ten como función sanear toda a zona afectada a través dunha boa poda e unha boa limpeza. Deberemos queimar esos restos e non se poderán aproveitar para o composteiro.

O fungo cylindrocladium buxicola é un dos fungos máis complicados de tratar xa que unha vez que entra no buxo pode manterse durante tres anos nunha folla. Recoméndase aplicar unha bacteria, como alternativa biolóxica, chamada Bacillus thuringiensis  á tardiña, pois é cando están máis activos os vermes.

Nós hoxe empregamos Terra de Diatomeas, algas fosilizadas, pulverizando cun fol para eliminar estes vermes de xeito ecolóxico. Teremos que seguir cunha observación periódica e  facer máis aplicacións do produto.













Comentarios

Publicacións populares deste blog

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.