Despois de meses traballando arreo chegou o momento de poder gozar coa excursión de Fin de Curso. Este ano o alumnado de primaria colleu rumbo á Coruña para visitar o MUNCYT, Museo Nacional de ciencia e Tecnoloxía, e tamén o Aquarium Finisterrae.  O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía  de España é un museo de titularidade estatal adscrito á Secretaría Xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación e xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT. Os seus principais obxectivos son: Conservar e poñer en valor o patrimonio histórico científico e tecnolóxico. Contribuir á educación científica efectiva e de calidade. Ser escaparate da ciencia e a tecnoloxía españolas. O  Aquarium Finisterrae  é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e á divulgación científica   de temas mariños. T en por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e á vida mariña. Foi creado ...