Saltar ao contido principal

EXCURSIÓN á CORUÑA

 Despois de meses traballando arreo chegou o momento de poder gozar coa excursión de Fin de Curso. Este ano o alumnado de primaria colleu rumbo á Coruña para visitar o MUNCYT, Museo Nacional de ciencia e Tecnoloxía, e tamén o Aquarium Finisterrae. 

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España é un museo de titularidade estatal adscrito á Secretaría Xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación e xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT. Os seus principais obxectivos son:

  • Conservar e poñer en valor o patrimonio histórico científico e tecnolóxico.
  • Contribuir á educación científica efectiva e de calidade.
  • Ser escaparate da ciencia e a tecnoloxía españolas.

Aquarium Finisterrae é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e á divulgación científica de temas mariños. Ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e á vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999, xa fai 24 anos. Conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por máis de trescentas especies diferentes.















































Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.