Hoxe pasamos a mañá percorrendo a contorna natural do Sobreiral do Arnego. Gozamos dunha ruta de dúas horas e medias pola beira do río observando as sobreiras, os fogares para morcegos e plantando catro exemplares de carballos. Polo camiño tamén atopamos un sapiño pequeno e os restos dun xabaril morto. Dous axentes de ADEGA acompañáronnos no traxecto e tamén se encargaron de impartir a información precisa. Foi unha excursión moi bonita para toda rapazada de 2º e 3º ciclo de primaria, na que experimentaron que se pode crear un entretido xoguete con paos e follas, e que tiveron que utilizar todos os sentidos para valorar a riqueza natural da zona. O noso centro participa no presente curso escolar no “Proxecto fluviatilis: custodia para a resiliencia", da man da asociación ecoloxista ADEGA. Este proxecto ten como obxectivo principal a conservación e rehabilitación de ecosistemas fluviais, aumentando a súa resiliencia ao cambio climático e a provisión de servizos eco...