A figura do matemático de Bermés, José Rodríguez, está sendo analizada, estudiada e divulgada con motivo do bicentenario do seu pasamento. Moitas historias e anécdotas recóllense no libro publicado recentemente e coeditado pola Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) e polo Consello da Cultura Galega , José González (1770-1824). Un matemático sublime , Juan José Nieto Roig, coordinador do libro, afirma que o matemático foi un dos científicos europeos máis brillantes da súa época, con grandes contactos nacionais e internacionais e con achegas non só nas matemáticas, senón na xeometría, astronomía, xeografía e mineraloxía. Entre os estudos máis relevantes están as medicións xeodésicas para situar o centro de Galicia en Lalín, concretamente na Fonte de Castiñeiroa; ou o seu nomeamento polo Goberno de España como "comisario das operacións para a medición do meridiano de Dunkerque en Basilea", sendo un proxecto fundamental para establecer o metro como medida de lonxitude. No an...