Saltar ao contido principal

EXPOSICIÓN MATEMÁTICO RODRÍGUEZ

A figura do matemático de Bermés, José Rodríguez, está sendo analizada, estudiada e divulgada con motivo do bicentenario do seu pasamento.

Moitas historias e anécdotas recóllense no libro publicado recentemente e coeditado pola Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) e polo Consello da Cultura GalegaJosé González (1770-1824). Un matemático sublime

Juan José Nieto Roig, coordinador do libro, afirma que o matemático foi un dos científicos europeos máis brillantes da súa época, con grandes contactos nacionais e internacionais e con achegas non só nas matemáticas, senón na xeometría, astronomía, xeografía e mineraloxía. Entre os estudos máis relevantes están as medicións xeodésicas para situar o centro de Galicia en Lalín, concretamente na Fonte de Castiñeiroa; ou o seu nomeamento polo Goberno de España como "comisario das operacións para a medición do meridiano de Dunkerque en Basilea", sendo un proxecto fundamental para establecer o metro como medida de lonxitude.

No ano 1809 o científico lalinense trasládase a Londres para realizar estudos e cálculos sobre o meridiano de Greenwich, co fin de averiguar se a teoría de Isaac Newton acerca de que a terra era achatada nos polos era correcta. O seu traballo, publicado na Royal Society de Londres no 1812, tivo unha gran repercusión, demostrando empiricamente e con gran exactitude que a teoría de Newton era correcta.

O alumnado de 4º e 5º de primaria visitaron o 22 de xaneiro a exposición sobre este matemático  situada no Concello de Lalín.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.