Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

INFORME METEOROLÓXICO DE MARZO. 1º DE PRIMARIA.

  Os nenos e nenas de 1º de primaria foron os encargados de observar, rexistrar os datos meteorolóxicos e subilos á aplicación de MeteoEscolas ao longo do mes de marzo. Estableceron a rutina diaria de análisis do tempo, creando un recuncho meteorolóxico. Tamén se apuntaban os datos no mural meteorolóxico principal do colexio.  Unha vez rematado o mes de marzo, na Hora de Lectura, fixeron un pequeno resumo de todos os datos obtidos e analizados, e a través da megafonía do centro, déronllos a coñecer ao resto dos cursos. 

NACERON OS PITIÑOS

 Ao cabo dos 21 días de incubación naceron os pitiños na aula de 6º de infantil. Que algarabía había hoxe nas aulas de infantil!!  Cinco pitiños rubios e un negro naceron ao final.  Buscamos unha caixa de cartón, unha lámpada e puxémoslles comida e auga. Parecían moi contentos de estar na aula de infantil, creo que se contaxiaron da emoción que tiñan os nenos e nenas. Agora a coidalos e mimalos!!

4º PRIMARIA: AS BORRASCAS.

   Continuando coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental, as rapazas e rapaces de 4º de primaria fixeron a súa intervención ao resto dos membros do colexio do seu proxeto "As borrascas". Deste xeito quixeron conmemorar o Día da Acción polo Clima e tamén o Día Internacional Meteorolóxico. Para ambientar o seu traballo cada neno e nena, coa axuda da súa familia, elaborou unha maqueta reutilizando materiais.