Saltar ao contido principal

NACERON OS PITIÑOS

 Ao cabo dos 21 días de incubación naceron os pitiños na aula de 6º de infantil. Que algarabía había hoxe nas aulas de infantil!!

 Cinco pitiños rubios e un negro naceron ao final. 

Buscamos unha caixa de cartón, unha lámpada e puxémoslles comida e auga. Parecían moi contentos de estar na aula de infantil, creo que se contaxiaron da emoción que tiñan os nenos e nenas.

Agora a coidalos e mimalos!!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

1º PRIMARIA: AS PLANTAS E OS SEUS BENEFICIOS

 Para conmemorar o Día dos Humidais (2 de febreiro) hoxe comezamos coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental. As rapazas e rapaces de 1º de primaria fixeron a súa posta en escena ao resto do centro educativo do seu proxecto: As plantas e os seus beneficios . Despois contaron o conto de Ledicia Costas Sete dentes de león, recitaron un poema sobre o arco da vella e remataron bailando e cantando unha canción sobre as plantas. As plantas son seres vivos que precisan: auga, terra, aire e luz do sol para vivir. Viven fixas á terra e constan de raiz, talo, pólas e follas. Cada parte realiza unha función específica e das súas flores nacen os froitos. Van sufrindo cambios ao longo das estacións do ano. Reprodúcense por sementes ou pólas. Tanto a asociación como a rotación de cultivos ofrecen moitas vantaxes na horta, xa que eliminan pragas e enfermidades. Hai estudos científicos que certifican os beneficios das plantas sobre as persoas, pois crean un a...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

OS PITIÑOS CAMBIARON DE CASA

 Os pitiños xa teñen 15 días e están moi grandes, por iso hoxe preparamos unha nova casiña no almacen dos xoguetes. Agora van ter máis espazo para moverse.