Saltar ao contido principal

ARQUEOLOXÍA EXPERIMENTAL

 Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria comezou a xornada cun obradoiro de arqueoloxía experimental. Víctor García é un dos arqueólogos especialistas que traballa na Área de Recuperación Arqueolóxica situada en Cira, Concello de Silleda. Dende o ano 2022 reproducen pezas da Idade do Bronce cunha técnica experimental. O bronce é un metal que se fai con cobre e estaño.

Nas zonas de enterramento, as mámoas, os arqueólogos atopan moitos obxectos que proporcionan información de como vivían as persoas na Idade de Bronce. Obxectos como: frechas, espadas, coitelos, cerámica...Aos mortos tamén lles deixaban comida.

 Amosounos e falounos sobre pezas que se utilizaron en Galicia neste momento histórico, pezas duns 6.000 anos de antigüidade. Pedras coma o silex, o cuarzo ou a pedra mol, que utilizaban para facer utensilios necesarios para a vida diaria: coitelos, espadas, machadas e adornos. Para os mangos empregaban madeiras brandas coma o salgueiro. Como fio para atar as pezas utilizaban o tendón dos animail, cos dentes mordíano para podelo fiar e como pegamento empregaban unha resina feita con carbón vexetal e con resina de pino. Para elaborar os adornos de colares e pulseiras utilizaban contas de pasta vitrea oculada, fundían a area a altas temperaturas e os cordeis facíanos  de fibras vexetais coma: liño, ortigas e códea das árbores. Tamén elaboraban nasas con vimbios para pescar.  

Ensinounos un taladro de inercia que aínda hoxe utilizan na China rural, con el pódense facer buratos ou prender o lume.

Comían cereais (trigo), legumes ( chícharos e fabas), peixes e carne.  Xa daquelas bebían cervexa.

Aprendemos moito con este obradoiro!!
















Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Consumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.