Con motivo da celebración do  Día Internacional da Terra   o alumnado de 3º curso presentamos o noso proxecto  sobre   a  p a i s a x e,  os cambios que se producen nela a as causas que provocan estes cambios.   O día 22 de abril celébrase o Día da Terra  para concienciar sobre a necesidade de procurar unha economía sostible, válida para as persoas, pero tamén para o planeta. A Terra pídenos que actuemos, por iso nós debemos contribuír e dar respostas: evitar a contaminación nos océanos, coidar os ecosistemas, protexer a nosa paisaxe, os bosques, a flora e    a fauna  que os habita.  Dentro do proxecto anual de centro:  "Ciencia para un futuro sostible" ,  os nenos e nenas de 3º curso realizamos o noso proxecto. Unha labor minuciosa, realizada ao longo de todo o curso e traballando arreo no colexio e tamén nos nosos fogares.  Contamos coa axuda das  nosas familias que colaboraron e nos acompañaron  na pescuda de informació...