Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2025

XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR

 Rematamos este curso escolar celebrando unha xornada de convivencia con toda a comunidade educativa ao longo  da mañá do venres 20 de xuño. Contando coa colaboración das familias organizamos distintos obradoiros repartidos por todo o espazo exterior para que o alumnado fose rotando libremente, tamén poideron desfrutar cos colchóns inchables. Rematamos a xornada cun xantar familiar na  carballeira, que nos aportou un fresquiño moi agradable nesta mañá tan calorosa.

NÓS TAMÉN CREAMOS.

No marco do proxecto Nós Tamén Creamos , o noso centro embarcouse nunha emocionante aventura audiovisual: a adaptación do conto "Coas mans baleiras" de  Ana Tortosa & Cecilia Varela , ambientándoo na nosa contorna máis próxima, o corazón de Lalín. Este proxecto converteuse nunha oportunidade única para que o noso alumnado do ciclo de Ed. Infantil non só coñecera o conto, senón que tamén puidera reinterpretala e darlle vida a través dunha curtametraxe chea de creatividade, identidade e sabor local. "Coas mans baleiras" é un relato que fala da importancia dos afectos por riba dos agasallos materiais, e do valor das pequenas cousas. Esa mensaxe, tan universal, inspirounos a trasladar a historia ao noso día a día, e que mellor xeito de facelo que vinculándoa cun dos sinais de identidade máis queridos de Lalín: o cocido. O traballo foi multidisciplinar: dende a lectura e análise do conto, ata a escritura do guión, a interpretación, a gravación e a edición. Cada ...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: "O VENTO". ED. INFANTIL

  Continuando coas exposicións sobre os traballos de investigación de temática medioambiental, as rapazas e rapaces de infantil fixeron a súa intervención ao resto dos membros do colexio do seu proxeto "O vento". Deste xeito quixeron conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente ( 5 de xuño) e tamén o Día Mundial do Vento (15 de xuño).                                          

1º CICLO EXCURSIÓN A VIGO

  O día 11 de xuño o 1º ciclo viaxou a Vigo para ver pola mañá a película " Lilo y Stich", onde a rapazada percibiu o valor da familia e a amizade. Pola tarde visitaron VigoNature onde puideron gozar dun paseo por unha agradable contorna natural vendo animais coma: os insectos paus, as suricatas, o oso pardo ou os lémures.