Rematamos este curso escolar celebrando unha xornada de convivencia con toda a comunidade educativa ao longo da mañá do venres 20 de xuño. Contando coa colaboración das familias organizamos distintos obradoiros repartidos por todo o espazo exterior para que o alumnado fose rotando libremente, tamén poideron desfrutar cos colchóns inchables. Rematamos a xornada cun xantar familiar na carballeira, que nos aportou un fresquiño moi agradable nesta mañá tan calorosa.
Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro "Coida do clima, coida dos teus". 2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo. A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...










Comentarios
Publicar un comentario