Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

DÍA DA PAZ.

O 30 de xaneiro conmemoramos no noso centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz respondendo entre todos e todas a unha pregunta: - Pecha os ollos e pensa na Paz. Que ves? En cada clase o alumnado foi  escribindo palabras, frases ou expresión sobre o que sentían ao pensar na Paz. Estas mensaxes foron escritas en post-it  de cores e despois colocadas no mural da entrada do centro para poder ser contempladas pola comunidade educativa.Mensaxes con desexos de cariño, respecto, empatía e cooperación. Na Aula de Polos Creativos fíxose unha gravación, na que participou alumnado representativo das distintas clases, coas mensaxes escritas nos post-it.

DAVID LIÑARES. PARLADOIRO SOBRE ABELLAS.

 A finais de xaneiro ten lugar a feira do mel en Lalín e como vén sendo costume volveu  a visitarnos David Liñares para recordarlle ao alumnado de 4º de primaria  os beneficios e a importancia de coidar das abellas. Unha vez rematado o parladoiro a rapazada deberá crear de xeito individual un debuxo sobre as abellas para participar no concurso desta feira.

OBRADOIRO DE XABÓN LÍQUIDO DE ARROZ E LAVANDA.

 Esta semana a rapazada de 1º de primaria animouse a facer un obradoiro de xabón líquido. Para a elaboración empregaron: 100 g de glicerina. 1 cullerada de arroz en po. 1 culleriña de mel natural. 1 cápsula de vitamina E. 5 gotas de aceite esencial de lavanda. Ao final tamén engadiron flores de lavanda desfeitas.