Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

MILLO CORVO E TRIGO CAAVEIRO.

 Hoxe aproveitando que o momento lunar era favorable para a plantación de cereais, a rapazada de 2º de primaria preparouse para facer a sementeira do millo Corvo e do trigo Caaveiro, dúas variedades autóctonas. Primeiro debullaron as espigas de millo, despois dirixíronse á horta para facer os regos  co sachiño, sementar o millo e por último taparon o cereal con terra. Para o trigo tamén fixeron regos, sementárono e despois tapárono un pouco coa terra. A fariña de Trigo Caaveiro é moi versatil, perfecta para a panificación tradicional,  a repostería artesanal e pastas alimentarias. Móese en pedra, o que lle permite conservar un sabor fresco e característico e define os produtos de panadería galega de calidade superior. Ideal para quenes valoran a arte do pan galega. O millo Corvo é unha variedade ancestral de millo galego que destaca  pola intensa cor escura, pero tamén polos beneficios para a saúde. Este millo tan peculiar debe a súa cor á abundancia de  antocia...