Hoxe tivemos a visita formativa de dous monitores da Axenda Urbana Local ( AUL)que viñeron a presentar ao alumnado de 5º e 6º de primaria o proxecto de desenvolvemento sostible do Concello de Lalín, financiado e impulsado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. Lalín é un dos 121 concellos seleccionados en toda España polo Ministerio no tramo de 20.001 a 50.000 habitantes para financiar o deseño e implementación da súa Axenda Urbana Local e poder servir de exemplo de adaptación da Axenda Urbana 2030 a municipios pequenos e rurais. Esta axenda fomenta a colaboración de diversos actores, incluidas as administracións públicas, os centros de formación, as organizacións privadas e a cidadanía. Unha das súas metas consiste en promover o crecemento, a habitalidade e a innovación dos espazos, contribuíndo á consecución de un desenvolvemento urbano e rural en liña con Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que marca a Axenda 2030. O dispoñer dunha AUL facilita o ac...