Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

3º PRIMARIA. RESUMO METEOROLÓXICO DE XANEIRO.

 A rapazada de 3º de primaria encargouse de analizar o tempo atmosférico ao longo do mes de xaneiro. Despois de observar o tempo atmosférico fixo as anotacións oportunas nunha taboa, de seguido subiron os datos obtidos a MeteoEscolas e por último marcaron a media de temperatura e cantidade de precipitación no climograma xeral.

DÍA DA CANDELORIA. 4º DE PRIMARIA.

   O alumnado de 4º de primaria, na Hora de Ler, dounos información a través da megafonía do colexio sobre o día da Candeloria. A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización.  Na cultura popular galega, a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse máis pequenas as noites, xa falta pouco para  primavera, coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera. Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno  e  se emparellan para facer xuntos o niño .  A nós, coma os paxariños,  gústanos moito celebrar esta data  para festexar o día do amor e a amizade e crear lazos de uníon que nos fagan estar máis unidos e sentirnos ben.         Feliz Día! Día da Candeloria de Rosa M García Méndez