Saltar ao contido principal

DÍA DA CANDELORIA. 4º DE PRIMARIA.

 

 O alumnado de 4º de primaria, na Hora de Ler, dounos información a través da megafonía do colexio sobre o día da Candeloria.
A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. 
Na cultura popular galega, a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse máis pequenas as noites, xa falta pouco para  primavera, coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera. Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno  e  se emparellan para facer xuntos o niñoA nós, coma os paxariños,  gústanos moito celebrar esta data  para festexar o día do amor e a amizade e crear lazos de uníon que nos fagan estar máis unidos e sentirnos ben.       
Feliz Día!


Día da Candeloria de Rosa M García Méndez



Comentarios

Publicacións populares deste blog

ECONOMÍA CIRCULAR. 2º DE PRIMARIA.

Continuamos coas exposicións de temática medioambiental relacionadas co proxecto de centro  "Coida do clima, coida dos teus".   2º de primaria foi o curso encargado de proseguir o proceso expositivo co seu traballo "A Economía Circular" conmemorando así o Día Internacional do Concumo Responsable que se celebrou o 15 de marzo.  A economía circular é vital para combatir o cambio climático xa que aborda o 70% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro derivadas da extración e uso de materiais. Ao reutilizar, reparar e reciclar produtos redúcese a necesidade de recursos virxenes, disminuindo a enerxía e a contaminación asociadas. Podemos considerar o noso sistema económico actual como unha economía "lineal", un modelo que extrae materia prima da natureza, creando produtos a partir dela e cando xa non serven tíranse como residuos. Esto produce un impacto significativo sobre o medio ambiente, agravando a crise climática, a pérdida de biodiversidade e p...

DÍA DO LIBRO CON SUSA HERRERA.

    O Día Internacional do Libro foi fixado pola   UNESCO no ano   1995 para fomentar a cultura literaria e protexer a propiedade intelectual; tendo como obxectivo apoiar a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento. Escolleuse esta data porque coincide co pasamento de tres grandes autores da literatura universal, como foron: William Shakespeare, Garcilaso de la Vega e Miguel de Cervantes .  En Cataluña a xornada cadra tamén co Día de Sant Jordi, onde a tradición agasalla cunha rosa e un libro. No colexio conmemoramos o Día do Libro coa visita de Susa Herrera. Ela naceu en Santander e adicou a súa traxectoria profesional á docencia e á divulgación musical. Foi profesora titular de Expresión Musical na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra. É autora de moitos contos para nenos e nenas e leva toda a vida demostrando que os contos tamén se cantan e ademáis pódense bailar. Agora está xubilada, máis segu...

ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO DE INFANTIL

 Hoxe na nosa Aula da Natureza fixemos a acollida do alumnado de nova incorporación para o novo curso de 4º de infantil. Comezouse  cunha actividade de benvida con fotos destes novos nenos e nenas ,  despois fixeron outra actividade titulada "Abrazo á árbore",  que consistía en abrazar distintas árbores con cintas elásticas de cores, tamén   compartiron cancións, xogos e  unha merenda saudable na nosa fermosa carballeira.