Saltar ao contido principal

Publicacións

DAVID LIÑARES. PARLADOIRO SOBRE ABELLAS.

 A finais de xaneiro ten lugar a feira do mel en Lalín e como vén sendo costume volveu  a visitarnos David Liñares para recordarlle ao alumnado de 4º de primaria  os beneficios e a importancia de coidar das abellas. Unha vez rematado o parladoiro a rapazada deberá crear de xeito individual un debuxo sobre as abellas para participar no concurso desta feira.

OBRADOIRO DE XABÓN SÓLIDO DE ARROZ E LAVANDA.

  O alumnado de 1º de primaria realizou esta semana o seu segundo obradoiro de xabón. Desta vez intentou facer un xabón sólido empregando os mesmos ingredientes que a outra vez, a única diferenza foi a utilización da glicerina sólida.