O pasado 21 de marzo conmemoramos  o Día Internacional dos Bosques  e os representantes do concello César Reboredo e Paz Pérez agasalláronnos cunhas sobreiras. Agora temos a responsabilidade de plantalas na compaña da nosa familia e facer un seguimento de coidado e protección da sobreira.  Poder plantar unha árbore en familia, observar os seus cambios ao longo do tempo, coidala e protexela  supón unha fermosa experiencia, pois  permítenos decatarnos de como imos medrando a canda nosa árbore, creando un vínculo e un sentimento de respecto pola natureza.