Saltar ao contido principal

Publicacións

5º de PRIMARIA. RECOLLEITA NO BANCAL.

 O alumnado de 5º de primaria púxose man a obra no seu bancal para recoller as pipas dos xirasois e tamén os allo porros.                                        

AS GALIÑAS DE MOS.

Despois das vacacións de verán as nosas galiñas de Mos voltan ao seu galiñeiro, e como vemos séguelles gustando poñer os ovos na terra e agochadas nunha esquiniña entre as plantas.  

24 de outubro. Día Internacional contra o Cambio Climático

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares coincidindo ademais co Día Internacional contra o Cambio Climático. Para dar inicio ao noso proxecto de centro: Ciencia para un futuro sostible o alumnado de 6º de E.P. preparou  a obra de teatro titulada: A vida, na que se fai un percorrido polas diferentes estacións do ano destacando os cambios que nelas se producen. Ilustráronse os distintos ambientes con imaxes de cadros de dúas recoñecidas pintoras: Remedios Varo e Mª Luisa de la Riva y Callol Muñoz. Tamén se ambientou a escena coa música de As  Catro Estacións do compositor Antonio Vivaldi. Unha vez rematada a dramatización cantaron unha versión dunha canción moderna  con temática medioambiental. Cando finalizaron a intervención fixeron entrega, a cada clase, dun libro relacionado ooa temática a traballar ao longo do curso: E. Infantil: O vento. 1º de E. Primaria: As plantas e o seus beneficios. 2º de E. Primaria: A auga. 3º de E.Primaria: A paisaxe. 4º d...

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe O 14 de outubro conmemórase o Día das Escritoras e para celebralo hoxe no noso colexio convidamos a Mª Carmen Ruzo, quen nos deleitou con historias do seu libro "Leliña". Neste libro recréanse vivencias dunha nena de aldea, unha viaxe ao rural dos anos 60, nunha homenaxe a súa nai e á súa avoa materna Manuela, coñecida por Lela. Durante toda a semana o alumnado estivo lendo o libro e facendo outro tipo de actividades relacionadas con esta e outras escritoras para elaborar un bookface. Noraboa a todas as escritoras e tamén a todas as mulleres rurais galegas!

CADERNOS INFORMATIVOS, 2º PRIMARIA.

 O alumnado de 2º de primaria xa comezou a traballar elaborando dous cadernos informativos: un  Calendario de tempada  e outro de Consellos para unha horta sostible . Podemos aproveitar para ler as súas recomendacións.

O TEMPORAL KIRK

  A mañá do día 9 de outubro sufrimos as consecuencias do temporal "Kirk" na carballeira da nosa escola. A nosa preciosa árbore, Cercis siliquastrum , árbore de Xudea,  veuse abaixo debido aos fortes refachos de vento.  Cando  chegaba  a primavera contentábanos coas súas preciosas flores de cor rosa e lucía frondosa na entrada do noso patio.

A NOSA HORTA

  Dá gusto ver a nosa horta escolar en pleno apoxeo con todos os produtos cultivados no curso pasado. Mereceu a pena todo o traballo!!