Hoxe O 14 de outubro conmemórase o Día das Escritoras e para celebralo hoxe no noso colexio convidamos a Mª Carmen Ruzo, quen nos deleitou con historias do seu libro "Leliña". Neste libro recréanse vivencias dunha nena de aldea, unha viaxe ao rural dos anos 60, nunha homenaxe a súa nai e á súa avoa materna Manuela, coñecida por Lela.
Durante toda a semana o alumnado estivo lendo o libro e facendo outro tipo de actividades relacionadas con esta e outras escritoras para elaborar un bookface.
Noraboa a todas as escritoras e tamén a todas as mulleres rurais galegas!
Comentarios
Publicar un comentario