Saltar ao contido principal

Publicacións

VISITA DO FARMACÉUTICO ALBERTO LÁZARA.

 O 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde. Para celebralo,  no colexio organizamos un parladoiro contando coa colaboración do noso farmacéutico Alberto Lázara Viéitez, que nos informou sobre a importancia de practicar hábitos de vida saudables como medida preventiva de posibles enfermidades.Tamén nos explicou as distintas funcións que desempeña un farmacéutico e un óptico. Alberto é unha persoa polifacética, toca a trompeta na banda de Silleda, baila no grupo tradicional Xirandola de Bandeira e amais gústalle o teatro e o canto. Posúe un dobre grao en farmacia e óptica. Recentemente asumiu a titularidade da farmacia de Prado, ubicada na casa natal da súa avoa Victoria Failde. Moitas grazas Alberto polos teus bos consellos!!

PLANTANDO NA HORTA. 5º de INFANTIL .

 Os nenos e nenas de 4 anos infantil xa comezaron os traballos no seu bancal plantando fabas.                                   

INFORME METEOROLÓXICO DE MARZO. 1º DE PRIMARIA.

  Os nenos e nenas de 1º de primaria foron os encargados de observar, rexistrar os datos meteorolóxicos e subilos á aplicación de MeteoEscolas ao longo do mes de marzo. Estableceron a rutina diaria de análisis do tempo, creando un recuncho meteorolóxico. Tamén se apuntaban os datos no mural meteorolóxico principal do colexio.  Unha vez rematado o mes de marzo, na Hora de Lectura, fixeron un pequeno resumo de todos os datos obtidos e analizados, e a través da megafonía do centro, déronllos a coñecer ao resto dos cursos.